José Porto Lestegás
José Porto Lestegás | |
---|---|
Alcume | Herbellas |
Nacemento | 1908 |
Lugar de nacemento | O Valadouro |
Falecemento | 2 de outubro de 1948 |
Lugar de falecemento | Miñotos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José María Porto Lestegás, Herbellas, nado no Valadouro cara a 1908 e finado en Miñotos (Ourol) o 2 de outubro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Panadeiro en Viveiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 8 de setembro, xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 5 anos de prisión. Estivo na prisión de Burgos. Instalado en Ourol, rexentou a panadería da Praza da Fontenova. Tamén era tratante de gando e dedicábase a mercar carne para a carnizaría da súa irmá. Logo de pasar polo cuartel de Viveiro arrestado por colaborar cos fuxidos, botouse ao monte e incorporouse á guerrilla. Foi abatido nun enfrontamento coa Garda civil xunto con Benedicto Escourido Cobo o 2 de outubro de 1948 nos montes de Leborín en Miñotos (Ourol). Feridos por disparos dunha metralladora, ambos permaneceron varias horas agochados até que a “Brigadilla” despregou cans para localizalos e alumeou a zona cos faros do coche de liña de Galera. José gastou a munición que lle quedaba fronte as forzas represivas, comeu documentos con información da partida e despois de lanzar unha granada, suicidouse coa última bala.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- As mártires de Silán Arquivado 07 de abril de 2017 en Wayback Machine.
- Ficha en Represión franquista en Lugo
- José Porto Lestegás na páxina web Nomes e Voces.