José Ouro Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ouro Arias
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Palas de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata
Leilón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnotario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRoberto Ouro Vázquez Editar o valor em Wikidata
PaiManuel Ouro Besteiro Editar o valor em Wikidata

José Antonio Ouro Arias-Somoza, nado en Palas de Rei e finado en Leilón (Palas de Rei) o 26 de marzo de 1955,[1] foi un notario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Ouro Besteiro, foi o herdeiro do pazo de Leilón. Notario de Palas de Rei. Promoveu campaña agrarista de 1923.[2] Na República militou en Izquierda Republicana como o seu fillo, o deputado Roberto Ouro Vázquez. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xuíz municipal de Palas de Rey en outubro,[3] pero pouco despois foi separado do servizo[4] e expedientado por responsabilidades civís e políticas, sendo desterrado e multado con máis de 250.000 ptas. En decembro de 1940 foi nomeado xuíz municipal de Palas de Rei.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Vázquez Ouro e foi pai de Roberto, Luz, Luciano, Dorinda, Arsenio, Jaime, Luís e María Ouro Vázquez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necolóxica en El Progreso, 22-3-1956, p. 5.
  2. La Provincia, 22-7-1923, p. 2.
  3. El Progreso, 31-10-1936, p. 1.
  4. La Voz de Galicia, 26-1-1937, p. 3.
  5. El Compostelano, 4-12-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]