José Novás Soto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 ![]() Mañón, España ![]() |
Morte | 27 de agosto de 1936 ![]() Mañón, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político ![]() |
José Novás Soto, nado en Mañón cara a 1907 e finado no mesmo concello o 27 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1927.[1] Foi nomeado mestre interino das Pontes de García Rodríguez en 1927,[2] da escola de Mañón en 1929,[3] e da de Santaballa (Ortigueira) en 1932.[4] Militante da UGT. En 1936 era mestre de San Claudio (Ortigueira). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi destituído como mestre en agosto.[5] Foi asasinado polos franquistas o 27 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada a mans da "Fuerza Pública".
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José Novás Soto na páxina web Nomes e Voces.