José Manuel Lete del Río
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 Valladolid, España |
Morte | 16 de abril de 2007 (68/69 anos) provincia de León, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | xurista , profesor universitario |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Doutorando | Julio Iglesias Redondo |
José Manuel Lete del Río, nado en Valladolid en 1938 e finado na provincia de León o 16 de abril de 2007[1], foi un xurista e catedrático español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid, doutorouse en 1965 coa tese La responsabilidad de los órganos tutelares, dirixida por Ignacio Serrano y Serrano. Foi profesor de Dereito Romano e Dereito Civil nesta Universidade, até que en 1973 foi nomeado profesor agregado numerario de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela. Tres anos despois acadou a cátedra de Dereito Civil.
Na USC foi Secretario Xeral da Universidade e Vicerreitor de Profesorado co primeiro equipo reitoral da democracia.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Cruz da orde ao mérito militar con distintivo branco.
En 1991 foi nomeado membro honorario da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
Obras[editar | editar a fonte]
- Algunas consideraciones sobre la igualdad conyugal (1976)
- Derecho de la persona (1986)
- Derecho de obligaciones (1988)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El catedrático Lete del Río fallece en un accidente de circulación". El Correo Gallego (en castelán). 17 de abril de 2007.