José Manuel Ledo Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel Ledo Santiso
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 488

José Manuel Ledo Santiso, nado en Sabadell en 1968, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Galiza coa súa familia aos sete anos da man do seu pai, David Ledo Fontela, que era mestre. Viviron nas Neves (Pontedeume), Melide, Toques, Muros e Chantada.

Pertence á xeración dos Novissimos nada no Instituto de Chantada, onde un grupo de 11 mozos da localidade participaron en diversas exposicións de pintura, da man do seu profesor de debuxo Xose Artiaga. Realizou exposicións conxuntas na Casa da Parra (Santiago Compostela), Sala Duran Loriga (A Coruña), Sala da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Vigo.

Papeleta ás Xerais de novembro de 2019 por Pontevedra.

Diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía, é membro do partido político Os Verdes-Galicia.

Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato na lista de En Común-Unidas Podemos ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra. Nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano foi na lista de Más País-EQUO.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • As pontes do ego sum, 2012, Ir Indo.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O neno do século XXI, 1997, Tórculo.
  • Diálogos sobre educación, 1999, Tórculo.