José Manuel Cabezudo
Aparencia
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1962 (61 anos) Zaragoza, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Manuel Cabezudo Moreno, nado o 4 de outubro de 1962 en Zaragoza, Aragón, é un ex xogador de baloncesto profesional español, que cunha estatura de 1,96 metros xogaba de ala. Durante a súa estancia na máxima categoría do baloncesto estatal xogou en tres equipos, Cajabilbao, Breogán e Argal Huesca, aínda que neste último estivo tan só unha tempada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Clubs
[editar | editar a fonte]- Zaragoza Skol (1ª División, 1981–1982)
- CB Olivar (1982–1983)
- Lagisa Gijón (1ª División B, 1984–1985)
- Caja Rioja (1ª División B, 1985–1986)
- Cajabilbao (ACB, 1986–1989)
- DYC Breogán (ACB, 1989–1993)
- Argal Huesca (ACB, 1993–1994)
Logros
[editar | editar a fonte]- Segundo xogador que máis partidos xogou coa camiseta do desaparecido Cajabilbao (100).
- Terceiro xogador que máis triplas anotou na historia do Club Baloncesto Breogán (129).
- Quinto xogador que máis minutos xogou na historia do Club Baloncesto Breogán (3.434).
- Oitavo xogador que máis asistencias realizou na historia do Club Baloncesto Breogán (146).
- Noveno xogador que máis partidos xogou coa camiseta do Club Baloncesto Breogán (113).