José MacCrohon y Blake
José MacCrohon y Blake | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José MacCrohon y Blake |
Nacemento | 13 de maio de 1803 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Falecemento | 21 de agosto de 1860 |
Lugar de falecemento | Mar Vermello |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e militar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José María Eugenio MacCrohon y Blake, nado en Ferrol o 13 de maio de 1803 e finado no mar Vermello o 21 de agosto de 1860, foi un político e militar español, deputado, senador, ministro interino de Guerra, titular de Mariña, gobernador colonial de Santiago de Cuba, tenente xeneral do exército e director da Garda Civil.
Foi deputado por Málaga en 1837 e por Alacant en 1854 e 1858 [1] e senador vitalicio na lexislatura 1858-60.[2]
Ministro de Mariña entre o 27 de novembro de 1858 e o 9 de xullo de 1860, tamén desempeñou interinamente o cargo de ministro de Guerra en ausencia de Leopoldo O'Donnell.
Morreu no verán de 1860 (21 de agosto) como consecuencia, segundo parece, da excesiva calor sufrida durante a travesía do mar Vermello, desde Suez a Adén, cando ía camiño de Manila a ocupar o seu posto como Capitán Xeneral de Filipinas.[3]
Predecesor: Leopoldo O'Donnell |
Ministro de Mariña 27 de novembro de 1858 – 9 de xullo de 1860 |
Sucesor: Juan de Zabala de la Puente |
Predecesor: Facundo Infante |
Director xeral da Garda Civil 1856 |
Sucesor: Francisco Javier Girón y Ezpeleta |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Congreso de los Diputados de España. Archivo histórico de diputados.". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2021.
- ↑ Senado de España. Expediente personal del Senador Vitalicio D. José Mac-Crohon y Blake.
- ↑ Gaceta de Madrid. Nota necrolóxica, 14 de setembro de 1860, e Caceta de Madrid. Aclaraciones al fallecimiento del general Mac-Crohon, 19 de setembro de 1860.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José MacCrohon y Blake ![]() |