José Luis Vázquez Platas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Vázquez Platas
Nacemento1959
 Coirós
Falecemento4 de outubro de 1980
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

José Luis Vázquez Platas, nado en Ois (Coirós) en 1959[1] e falecido o 4 de outubro de 1980 en Agurain (Áraba), foi un garda civil galego, falecido en atentado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Incorporado ao servizo da Garda Civil, ascendeu a cabo primeiro e foi destinado a Vitoria. O 4 de outubro foi encargado de escoltar o percorrido dunha proba ciclista en Salvatierra. Alí foi tiroteado por un grupo de persoas pertencentes a ETA. Canda el faleceron dous gardacivís máis, un deles o sobradense Ángel Prado Mella[2]. Polo seu atentado foron xulgados e condenados dous homes. Crese que no atentado participaron tamén outras tres persoas que, ou ben faleceron, ou ben aínda non foron xulgadas[3].

Foi inicialmente soterrado en Mieres, e trasladado posteriormente ao camposanto de Coirós. En Coirós hai unha placa na súa memoria[4].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado, tivo unha filla.

Notas[editar | editar a fonte]