José Luis Modrego
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1962 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Luis Modrego Casalots, chamado Popocho Modrego,[1] nado o 27 de outubro de 1962 en Barcelona, é un ex xogador profesional de baloncesto e na actualidade Orientador escolar na cidade de Vigo. Cunha altura de 1,83 m, xogaba na posición de base.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Barcelona, formouse nas categorías inferiores do Joventut Badalona. Chegou a Obradoiro no ano 1981 na tempada que Obradoiro ascendeu a máxima categoría e permaneceu no Obradoiro tres tempadas Xogou na 1ª división e na segunda categoría co Obradoiro e posteriormente co Caixa Ourense Baloncesto dende 1984 ata 1988. De novo regresou ao Obradoiro CAB na 1ª División B, disputando con este equipo a fase de ascenso en 1990 á Liga ACB fronte ao Júver Murcia, que se saldou con derrota dos santiagueses pero que foi recorrida á xustiza por aliñación indebida. Modrego seguiu unha tempada máis co Obradoiro en 1ª B para despois regresar ao Coren Ourense, co que disputou dúas tempadas na Liga ACB.[2]
Clubs
[editar | editar a fonte]Obradoiro Santiago (1ª División B, 1981−1982, 1ª División, 1982-1983 e 1ª División B 1983-1984)
Caixa Ourense (1ª División B, 1984−1988)
Obradoiro Santiago (1ª División B, 1989−1990)
Frigolouro Porriño (2ª División, 1991−1992)
Coren Ourense (ACB, 1992)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ortiz Pérez, Javier. "José Luis Modrego: ‘Popocho’ se hizo gallego". endesabasketlover.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 05 de outubro de 2021.
- ↑ "Trayectoria y logros". acb.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en acb.com
- Perfil en dbasket.es Arquivado 05 de outubro de 2021 en Wayback Machine.