José Luis Larrea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Larrea
Nacemento11 de marzo de 1956
Lugar de nacementoElgóibar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e economista
editar datos en Wikidata ]

José Luís Larrea Jiménez de Vicuña, nado en Elgoibar, Guipúscoa o 11 de marzo de 1956, é un economista vasco. Licenciado en Empresariais pola ESTE de Donostia, nos seguintes anos traballou como profesor na devandita facultade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1980 entrou no Goberno Vasco como xefe de gabinete da viceconsellería de Educación, e en 1984 pasou a ser director de estudos, orzamentos e administración educativa do mesmo departamento; en 1985 converteuse en viceconselleiro de planificación e administración educativa.

En 1987 pasou á consellería de Facenda e Finanzas, onde foi nomeado viceconselleiro; participou nas negociacións entre as administracións vascas (deputacións forais e Goberno Vasco) e o ministerio de Facenda do Goberno de España acerca das leis quinquenais da Cota do Concerto Económico, así como nas da Lei de Achegas. En 1991 foi investido conselleiro de devandito departamento, dentro do executivo do lehendakari José Antonio Ardanza, cargo que desempeñou até 1995. Durante a súa etapa como conselleiro promoveu as "vacacións fiscais vascas", implementadas polas deputacións forais (as competentes en materia fiscal) controladas tamén polo PNV. O litixio resolveuse anos despois, cando o Tribunal de Xustiza da Unión Europea deu a razón á Comisión Europea e declarounas ilegais ao consideralas "axudas estatais incompatibles co mercado común".

No seu paso ao mundo empresarial converteuse no presidente de Ibermática, compañía do sector do TIC. Nos seus primeiros anos compatiblizó ese cargo coa presidencia de Euskaltel (1996-1999), unha nova empresa telefónica participada polas institucións vascas; con cargo de presidente non executivo, formou tándem co conselleiro delegado Carlos Lambarri (quen fora viceconselleiro de Facenda) para a posta en marcha da operadora. En 1999 deixou o seu posto en Euskaltel para dar paso ao exlehendakari Ardanza, despois de que este deixase a xefatura do Goberno Vasco.

En decembro de 2013 deixou o seu cargo de presidente de Ibermática, despois de 18 anos no cargo (1995-2013); a súa saída produciuse dous meses despois de que o fondo de capital risco PROA Capital fíxose co 55% de Ibermática, mercé a unha reordenación accionarial protagonizada fundamentalmente pola desinversión do até entón accionista maioritario Kutxabank.[1]

Na actualidade é asesor de empresas e institucións e presidente de Honra do Instituto Vasco de Competitividade (Orkestra), da Universidade de Deusto. Así mesmo, é membro da Xunta Directiva do Círculo de Empresarios Vascos, do Consello de Goberno da Universidade de Deusto, do Consello de Deusto Business School, do Padroado da Fundación Markets, Organizations and Votes in Economics (MOVE), do Consello Consultivo do SabadellGuipuzcoano e da Xunta Directiva de Innobasque. Amigo Numerario da Real Sociedade Bascongada dos Amigos do País/Euskalerriaren Adiskideen Elkartea e membro da Academia Vasca das Ciencias, as Artes e as Letras, Jakiunde.

Conferenciante habitual en importantes foros é, tamén, un articulista destacado que colabora con diversas publicacións. Entre os seus libros publicados atópanse: “El desafío de la innovación”, “Tiempo ¿muerto? para innovar”, “Teoría (imperfecta) de la innovación” e “Innovación abierta y alta cocina”.

Notas[editar | editar a fonte]