José Luis López Sors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis López Sors
Nacementooutubro de 1941
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmarine engineer e político
editar datos en Wikidata ]

José Luis López-Sors González, nado en Ferrol[1] en outubro de 1941[2], é un enxeñeiro e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro naval da promoción de 1967, traballou na Empresa Nacional Bazán en Ferrol ata 1970, antes de entrar a formar parte da compañía Fedisa Ingenieros Navales S.A. co cargo de conselleiro delegado. En 1992 abandonou a empresa tras aprobar as oposicións ao Corpo de Enxeñeiros Navais do Estado, ocupando o cargo de xefe das Inspeccións de Buques en Tarragona e Palamós. A continuación foi trasladado a Sevilla para ocuparse desde 1995 da Capitanía Marítima da cidade ata o ano 2000.

En 2000 foi nomeado Director xeral da Mariña Mercante por Francisco Álvarez-Cascos, ministro de Fomento. No Desastre do Prestige era o enlace entre o Ministerio de Fomento e os mandos marítimos en Galicia, foi fiel ao seu xefe e asumiu a responsabilidade de dar as ordes necesarias para afastar o barco e en ningún momento descargou responsabilidades cara arriba. Desde aquel momento desapareceu da vida pública. En 2012 está xubilado e non ocupa ningún cargo. Foi o único alto cargo imputado no xuízo do Prestige, do que foi finalmente absolto por sentenza do Tribunal Supremo no 2016[3].

Desde o 14 de febreiro de 2017 é membro de número da Real Academia do Mar[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L.L. Ángel Sánchez (4-4-2003). "El retrato de L.L. Ángel Sánchez. José Luis López-Sors". El Periódico Mediterráneo (en castelán). Consultado o 3-6-2018. 
  2. López-Sors González, José Luis. ingenierosnavales.com, ed. "Curriculum Vitae. José Luis López-Sors González" (PDF) (en castelán). 
  3. Fernando J. Pérez (26-1-2016). "El Supremo condena al capitán del ‘Prestige’ por daño ambiental". El País (en castelán) (Madrid). Consultado o 3-6-2018. La sentencia del Supremo mantiene la absolución decretada por la Audiencia coruñesa sobre los dos marineros que acompañaban a Mangouras en la travesía final del Prestige y sobre el director general de la Marina Mercante en el momento del hundimiento, José Luis López-Sors. 
  4. P.G. (21-1-2017). "El ex alto cargo que alejó el «Prestige» entra en la Real Academia del Mar". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 3-6-2018.