José Luis González Bernal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1908 Zaragoza, España |
Morte | 18 de novembro de 1939 (31 anos) La Malmaison, Francia |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | pintor, debuxante |
Movemento | Surrealismo |
José Luis González Bernal, nado en Zaragoza (comarca de Zaragoza) o 30 de marzo de 1908 e finado en París (Francia) o 18 de novembro de 1939, foi un pintor e debuxante aragonés do movemento surrealista.
Fixo a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios de Zaragoza, que completou dende 1929 en París, e onde coñeceu o surrealismo. De ideoloxía anarquista, ó estoupar a Guerra Civil española volveu á pensínsula a defender a Segunda República Española malia a súa fráxil saúde, morrendo pouco despois de rematar a guerra no exilio en París.
A súa obra foi descoñecida en España por motivos políticos até a metade dos anos 1970, cando remataba a ditadura franquista, momento no que se recoñeceu o seu papel destacado nas vangardas artísticas aragonesas dos anos 30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Juan José Luis González Bernal Arquivado 11 de decembro de 2011 en Wayback Machine. na Gran Enciclopedia Aragonesa (en castelán)