José Luis Coedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Luis Coedo Novo")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Coedo
Nacemento1949
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Luis Coedo Novo, nado en 1949, é un político e empresario galego, que foi alcalde das Nogais durante dúas décadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi elixido alcalde das Nogais logo das eleccións de 1987. Renovou o cargo repetidas veces (1991, 1995, 1999, 2003), sempre con maioría absoluta, pero nas eleccións de 2007 conservou o bastón de mando malia perder a absoluta. Nos comicios de 2011 foi derrotado por primeira vez en 24 anos polo candidato do Partido Popular, Jesús Núñez Díaz.

En 2011 foi xulgado porque o vertedoiro municipal carecía de licenza, pero resultou absolto[1]. En 2013 foi xulgado de novo, desta volta por malversación de fondos no seu tempo como alcalde, e el mesmo recoñeceuse culpable. Foi condenado a dous anos de prisión, ademais de a unha pena de inhabilitación[2].

Empresarialmente é propietario de establecementos de hostalaría. É o autor da guía Os Ancares: turismo rural, publicada en 1997.


Predecesor:
Xosé Espín Mejía
 As Nogais.svg
Alcalde das Nogais
 
1987 - 2011
Sucesor:
Jesús Núñez Díaz

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]