Xosé Luís López Cid
Aparencia
(Redirección desde «José Luís López Cid»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 4 de agosto de 1992 ![]() Bueu, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , catedrático ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Xosé Luís López Cid, nado en Ourense en 1916 e finado en Bueu o 4 de agosto de 1992,[1] foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Colaborou na revista Espartaco. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Lingua e Literatura Española no Colexio Cardenal Cisneros e despois no Instituto das Lagoas. Amigo de Vicente Risco e José Ángel Valente, estivo vencellado ao Ateneo, á Alianza Francesa e á revista do Instituto das Lagoas Trebo, que fundou e dirixiu desde 1982.
Obras
[editar | editar a fonte]En galego
[editar | editar a fonte]Escribiu relatos breves como "O cazador de paxaros" (Vieiros, 1965).
- Eilbrief (premio do I Concurso de obras teatrais de Abrente).
- Os cazadores de dotes, Posío, 1954.
En castelán
[editar | editar a fonte]- Historias de Finisterre, 1947.
- Los años del potro, 1949.
- Crisópolis, 1956 (premio Ateneo de Madrid 1956).
- El descielo, 1957.
- Edipo abandonado y otras farsas, Deputación de Ourense, 1992.
- El descielo y otras historias, 1996.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 6-8-1992, p. 49.