Saltar ao contido

José Lombardero Cabodevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Lombardero Cabodevilla
Biografía

José Antonio Lombardero Cabodevilla, nado en Vilameá (A Pontenova) cara a 1904, foi un obreiro e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Amalia Lombradero. Veciño de Vilameá. Vicesecretario do Sindicato de Obreros Mineros de Lugo Sección Pontenova da UGT e vicesecretario da Agrupación Socialista Obrera La Lucha de Villaodrid y Vilameá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión de Lugo o 28 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 228/36, foi condenado a cadea perpetua. Saíu en liberdade condicional o 23 de agosto de 1940. En maio de 1945 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]