José James Montero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1906 (117 anos) Provincia de Sevilla, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
José James Montero, nado na provincia de Sevilla o 31 de decembro de 1906,[1] foi un mestre e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre de Rendal. Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Arzúa. Foi vogal da primeira directiva do PSOE de Arzúa que presidía José Corzo Conde, constituída o 27 de abril de 1936.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Magisterio Español, 2-8-1934, p. 14.
- ↑ "El PSOE de Arzúa fija el 27 de abril como día del socialismo local", La Voz de Galicia, Santiago, 17-3-2010, p. L12.
- ↑ La Voz de Galicia, 23-8-1936, p. 5.
- ↑ BOE, 15-9-1942, p. 3618-3619.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lanero Táboas, Daniel (2006). Concello, ed. Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8.