José Izquierdo Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Izquierdo Durán
Nacemento22 de marzo de 1890
Lugar de nacementoTui
Falecemento23 de outubro de 1939
Lugar de falecementoMadrid e cárcere de Porlier
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónilustrador, debuxante de banda deseñada e caricaturista
editar datos en Wikidata ]

José Bienvenido Izquierdo Durán (asinaba Yzquierdo Durán) nado o 22 de marzo de 1890 en Tui e finado o 23 de outubro de 1939 nun cárcere de Madrid, foi un ilustrador e debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

"Perspectivas madrileñas. La Gran Vía por el arranque de la calle de Alcalá" (Gran Vida, 1917)

Fillo do avogado José Izquierdo Sarmiento e de Concepción Durán Mera, aprobou oposicións ao Ministerio de Facenda e trasladouse a Madrid en 1911. Fixo portadas para Vida Gallega, Mundo Gráfico e Nuevo Mundo. Debuxou publicidade para La Toja e Osram. Colaborou en Alrededor del Mundo, Muchas Gracias, Gran Vida e La Esfera. Ilustrou coleccións literarias semanais como El cuento azul, La Novela de Hoy, La Novela Mundial, Novelistas, Los Poetas, El Teatro Moderno, La Novela Pasional, La Novela de Noche, Biblioteca para Todos, Colección Liliput e outras.[1]

Membro da UGT e da Agrupación Socialista Madrileña, ao finalizar a Guerra civil española foi condenado en consello de guerra á pena de morte. Finou no Cárcere de Porlier.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]