José Ignacio Lapido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Ignacio Lapido
José Ignacio Lapido dando un concerto en Xaén
Nome completoJosé Ignacio García Lapido
AliasLapido
Data nacemento26 de xuño de 1962
Granada, Andalucía
Nado enGranada
OcupaciónMúsico, escritor, produtor
XéneroPop-Rock
Instrumento(s)Voz, guitarra
Selo(s) discográfico(s)Big Bang
Pentatonia Records
Relacionado conAl-Dar, 091
Tempo en activo1979 — actualidade
PseudónimoJosé Ignacio Lapido
Na rede
www.joseignaciolapido.com/
IMDB: nm2324115 Facebook: joseignaciolapido Twitter: ji_lapido Spotify: 1iWumLWq8eGULX2Pvw7gC8 Musicbrainz: 046cc58f-a708-4ab2-a556-210f492880ad Songkick: 533830 Discogs: 1252917 Allmusic: mn0001394130 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Ignacio García Lapido, artisticamente coñecido como José Ignacio Lapido, nado en Granada o 26 de xuño de 1962, é un guitarrista español, escritor de cancións, cantante, columnista en prensa e escritor de guións para televisión. É coñecido por ser o guitarrista do grupo 091 antes de comezar a súa etapa en solitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical alternando a batería e a guitarra en varias bandas no ano 1979. Coa última delas, Al-Dar, gravou o seu primeiro sinxelo en 1981: Somos nuevos. Aínda así, Lapido é coñecido sobre todo por ser o guitarrista e compositor das cancións da banda de rock granadina 091, formada no 1982. A partir de 1996 (ano da disolución dos Cero) iniciou a súa carreira en solitario.

Realizou colaboracións con outros grupos e músicos como Christiania, o pianista Sergio de la Puente e Eskorzo, e produciu discos para Contrabando e Dorian Gray. Escribiu cancións para bandas como M-Clan, Amparanoia, Babylon Chat ou Los Hermanos Dalton. Tamén compuxo música para curtas e teatro.

Un dos recoñecementos máis importantes foi o ser elixido (mediante votación dos lectores) como un dos "100 granadinos do século XX" polo diario Ideal e ademais, froito do seu excelente traballo, fue galardonado ao mellor disco de rock nos primeiros Premios da Música de Andalucía.

No 2005 faise empresario e crea o seu propio selo discográfico: Pentatonia Records.

Ladridos del perro mágico foi o seu primeiro traballo en solitario despois da separación de 091. Promocionou o disco en programas como "Crónicas marcianas" e tamén na televisión andaluza. A xira deste primeiro disco deixou un bo sabor de boca.

É destro e inseparable da súa Gibson SG, coa que conseguiu crear un son propio.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

* Ladridos del perro mágico (1999)
* Música celestial (2002)
* En otro tiempo, en otro lugar (2005)
* Cartografía (2008)

EPs[editar | editar a fonte]

* Luz de ciudades en llamas (2001)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]