Gibson SG
Gibson SG | |
---|---|
![]() Gibson SG/LP | |
Tipo | modelo de instrumento musical ![]() |
Subclase de | solid body (en) ![]() ![]() |
Produción | |
Fabricante | Gibson ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | gibson.com… ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Gibson SG é unha guitarra eléctrica de corpo sólido fabricada por Gibson. Presentouse no ano 1961 e trátase dun dos modelos máis populares da marca.
Orixes
[editar | editar a fonte]En 1960 as vendas da Gibson Les Paul foron significativamente máis baixas que en anos anteriores. No ano seguinte á Les Paul deuselle un corpo de caoba máis delgado co fondo cha, e con dous cornos para facer máis accesibles os trastes superiores. O unión do mastro foi desprazada tres trastes tamén coa intención de facilitar o acceso a eses trastes. O corpo simplificado abaratou os custos de produción, e a nova Les Paul co seu esvelto mastro foi comercializada como "o mastro máis rápido do mundo". A pesar de que a nova guitarra era popular, ao propio Les Paul non lle importou o novo deseño, e pediu a Gibson que quitase o seu nome da guitarra. Gibson aceptou a petición de Les Paul e o instrumento foi bautizado como "SG" (Solid Guitar). O nome de Les Paul foi borrado oficialmente en 1961, pero a SG continuou levando a placa co nome de Les Paul ata finais de 1963.
Debido á súa popularidade, o estilo do corpo da SG adoita a ser imitado por outros fabricantes, aínda que moito menos que o da Les Paul ou a Fender Stratocaster.