José Gonçalo Herculano de Carvalho
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1924 Coímbra, Portugal |
Morte | 26 de xaneiro de 2001 (77 anos) Coímbra, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística, lingua portuguesa, estudos portugueses (pt) , Literatura portuguesa, Filoloxía románica e fonoloxía |
Ocupación | lingüista , lusitanista (pt) , romanista , profesor universitario , escritor |
Empregador | Universidade de Zürich Universidade de Coímbra |
Lingua | Lingua portuguesa |
José Gonçalo Herculano de Carvalho, nado en Coímbra o 19 de xaneiro de 1924 e finado en Coímbra o 26 de xaneiro de 2001, foi un lingüista, lusitanista e romanista portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Herculano de Carvalho estudou en Lisboa entre 1941 e 1945, foi profesor de lingua portuguesa na Universidade de Zürich entre 1946 e 1949, con Jakob Jud e Arnald Steiger, e en 1950 foi profesor asistente da Universidade de Coímbra, doutorándose en 1953, con Coisas e palavras: Alguns problemas etnográficos e linguísticos relacionados com os primitivos sistemas de debulha na Península Ibérica, e en 1958 escribiu Fonologia mirandesa, xa catedrático en Coímbra. Interesado tamén nos estudos camonianos entre 1948 e 1987 publicou seis traballos sobre Luís de Camões[1].
Obras
[editar | editar a fonte]- Lições de linguística dadas no curso de introdução aos estudos linguísticos, Coímbra, 1958–1960, 1960–1961, 1966–1967, 1969
- Bernardim Ribeiro, Menina e moça ou saudades, Coímbra, 1960, 1966 (editor)
- Estudos linguísticos, 3.º volume, Lisboa, 1964–1984 (varias edicións)
- Teoria da linguagem. Natureza do fenómeno linguístico e a análise das línguas, 2.º volume, Coímbra, 1967–1973 (varias edicións)
- Pequena contribuição à história da linguística. Observações (algo tardias) a "linguística cartesiana" de Noam Chomsky, Coímbra, 1984
- Estudos de linguística portuguesa, Coímbra, 1984 (editor con Jürgen Schmidt-Radefeldt)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Silva, Vítor Aguiar. (2012). «Carvalho, José Gonçalo Herculano de». Dicionário de Luís Vaz de Camões. Alfragide: Editorial Caminho. p. 393.