Saltar ao contido

José Ferreiro Pardiñas (concelleiro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ferreiro Pardiñas

Ilustración de Camilo Díaz Baliño Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1879 Editar o valor en Wikidata
Zas, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9367

José Ferreiro Pardiñas, nado en Zas en 1879, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militante de Izquierda Republicana. Concelleiro de Zas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Compostela. Xulgado en Compostela por rebelión con Jorge Varela Rial, Luís Cereijo Mosquera, Manuel Costa García, José Rodríguez Gómez e Manuel Díaz Mosquera o 19 de decembro[1], foi condenado á pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. En xaneiro de 1938 foi xulgado na Audiencia Provincial da Coruña como depositario do concello, xunto co alcalde Jorge Varela Rial, acusados de apropiarse de 9.978,15 pesetas dos fondos municipais.[2] Cumpriu condena na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1943.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

  1. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 28-1-1938, p. 4.
  3. BOE, 22-7-1943, p. 7086-7089.