Luís Cereijo Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Cereijo Mosquera
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata (114/115 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuís Cereijo León Editar o valor em Wikidata

Luís J. Cereijo Mosquera, nado en Ferrol en 1909, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Luís Cereijo León. Foi correspondente de Faro de Vigo en Sada en 1929.[1] Promoveu en Sada co seu pai a edición da revista semanal Galicia en 1933.[2] Oficial primeiro do Concello de Zas en 1936, sufriu un atentado en xuño cando intentaron prenderlle lume á casa de José Barreiro Espasandín onde se hospedaba.[3] Participu nos mitins de propaganda do Estatuto. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro[4] e internado na prisión de Compostela. Xulgado en Compostela por rebelión con Jorge Varela Rial, José Ferreiro Pardiñas, Manuel Costa García, José Rodríguez Gómez e Manuel Díaz Mosquera o 19 de decembro,[5] foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Foi rehabilitado como oficial do Concello de Zas e indemnizado con case dez millóns de pesetas por sentenza do Tribunal Supremo en 1985.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa Badía Benzano, que finou en 1986.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Correo de Galicia, 6-10-1929, p. 9.
  2. "Un percorrido pola Historia da prensa en Sada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2017. 
  3. La Voz de Galicia, 16-6-1986, p. 7 e 21-6-1936 p. 10.
  4. El Correo Gallego, 9-9-1936, p. 3
  5. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  6. La Voz de Galicia, 18-6-1985, p. 26.
  7. La Voz de Galicia, 27-2-1986, p. 59.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]