José Fariña González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Fariña González
Biografía
NacementoPontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte1937 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHerminia Fariña, Ramón Fariña Cobián Editar o valor em Wikidata
Premios

José Fariña González, nado en Pontevedra e finado en Valencia en 1937[1], foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tipógrafo nos talleres de La Correspondencia Gallega. Como soldado participou na campaña de Filipinas e ascendeu a tenente. Ao rematar a guerra volveu a Pontevedra[2]. Foi director da Escola Militar Patria que funcionou en Pontevedra e xefe dos exploradores de Pontevedra. Despois foi xefe dos Centros de Movilización de Calatayud e Valladolid. En 1935 foi nomeado xeneral de Brigada e concedéronlle a Gran Cruz da Orde do Mérito Militar con distintivo branco. Morreu en Valencia de morte natural en 1937, pero a propaganda franquista afirmaba que fora asasinado polo goberno republicano[3].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Regina Cobián Tejo en 1899[4] e foi pai de Herminia Fariña, Josefina Fariña Cobián e Ramón Fariña Cobián.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que o Diario de Pontevedra, 14-12-1937, p. 2, afirma que morreu en Madrid, en realidade morreu en Valencia.
  2. La Correspondencia Gallega, 27-3-1899, p. 2.
  3. "El dolor de la poetisa huérfana. Un general que murió en su cama". La Vanguardia: 3. 19-5-1938. 
  4. La Correspondencia Gallega, 6-10-1899, p. 2.