José Enríquez Chanot
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1873 Cádiz |
| Morte | 4 de agosto de 1933 Vilalba |
| Actividade | |
| Ocupación | pintor, xornalista |
José Enríquez Chanot, nado en Cádiz en 1873 e finado en Vilalba o 4 de agosto de 1933, foi un pintor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dirixiu a revista Galicia Pintoresca. Fundou e dirixiu o periódico El Progreso Villalbés. Foi administrador de La Voz de Oleiros e colaborou como redactor de El Gato e El Villalbés. Impulsou a asociación Unión Comercial Villalbesa e foi concelleiro durante a ditadura de Primo de Rivera. Finou en Vilalba o 4 de agosto de 1933.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Remedios Fernández Varela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en Las Riberas del Eo, 19-8-1933, p. 8.