José Domingo Vidal Martínez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1926 valor descoñecido |
Morte | 24 de outubro de 1994 (67/68 anos) Negreira, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Negreira | |
1975 – 1983 ← Antonio García Abeijón – Xosé Manuel López Tuñas → | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
José Domingo Vidal Martínez, nado en 1926 e finado en Negreira o 24 de outubro de 1994, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado alcalde de Negreira en 1975.[1] Presentouse ás primeiras eleccións municipais encabezando a candidatura da UCD e foi elixido alcalde. Non se presentou á reeleción nas eleccións municipais de 1983, sendo substituído polo socialista José Manuel López Tuñas. Nas eleccións municipais de 1987 foi candidato de AP á alcaldía de Negreira, pero nesta ocasión foi derrotado polo PSdeG-PSOE de López Tuñas, que logrou a maioría absoluta. Foi tiroteado o 29 de setembro de 1994 por Elena Fariña Caamaño, coa que mantiña unha relación, e morreu a consecuencia dos disparos o 24 de outubro.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Antonio García Abeijón |
Alcalde de Negreira 1975 - 1983 |
Sucesor: José Manuel López Tuñas |