José Domínguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Domínguez Fernández
Biografía
Nacemento30 de abril de 1917 Editar o valor em Wikidata
Pontellas, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xuño de 1980 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

José Domínguez Fernández, nado en Pontellas (O Porriño) o 30 de abril de 1917 e finado en Buenos Aires o 16 de xuño de 1980, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 17 anos emigrou á Arxentina embarcando en Vigo o 17 de marzo de 1934. Instalouse en Buenos Aires e vinculouse coa Sociedad de Porriño e a Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. Afiliouse ao Partido Comunista. Despois do golpe militar do GOU foi detido pola Sección Especial de Represión al Comunismo en 1943 e foi torturado. Despois enviárono ao campo de concentración da illa Martín García. Coa vitoria dos aliados na Segunda guerra mundial foi liberado. Responsable do Partido Comunista de España na Arxentina, a principios dos anos setenta foi enviado polo Partido para reforzar a organización no interior do país, actuando na comarca de Vigo. Integrouse na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, da que foi secretario xeral. Foi directivo da Unión Galega, membro do Instituo Arxentino de Cultura Galega do Centro Galego de Buenos Aires e directivo da Sociedade de Porriño. Finou no Sanatorio do Centro galego de Buenos Aires o 16 de xuño de 1980.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]