Saltar ao contido

José Cuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Cuba
Biografía
Nacemento15 de abril de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Berna, Suíza Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónloitador afeccionado, policía Editar o valor en Wikidata
Deporteloita afeccionada Editar o valor en Wikidata

José Cuba Vázquez, nado o 15 de abril de 1981 en Berna, pero criado en Vilalba, é un loitador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos en Suíza, volveu coa súa familia á parroquia vilalbesa de San Simón da Costa cando aínda era un neno.[1] Pertence á federación galega de loita e ao Club de Loita Vilalba.[2] En 2009 ficou no décimo primeiro posto no Campionato do Mundo de loita.[3] En 2018 acadou o seu décimo cuarto título como Campión de España de loita olímpica na categoría de -125 kg[4][5] e sétimo no Campionato de Europa dese mesmo ano.[3] No 2015 obtivo o seu mellor resultado nuns Xogos Europeos, quedando en décimo sétima posición.[3] Nos Xogos Mediterráneos foi subcampión en 2015 e campión en 2016.[3] En novembro de 2020, acadou o seu décimo sexto Campionato de España.[6]

  1. "José Cuba Vázquez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  2. "Las 13 preguntas a José Cuba". felucha.com. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Cuba Vazquez, Jose". iat.uni-leipzig.de. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  4. "José Cuba Vázquez, catorce veces oro". El correo gallego. 12 de febreiro de 2018. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  5. "José Cuba, Campeón de España por 14ª vez". fegaloita.es. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  6. "José Cuba, campeón de España por 16ª vez en lucha olímpica". El Progreso. 29 de novembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]