José Comesaña Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Comesaña Pérez
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Vincios, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata

José Comesaña Pérez, nado en Vigo cara a 1910 e finado en Vincios (Gondomar) o 6 de outubro de 1936, foi un albanel e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Benito Comesaña e Adelina Pérez. Veciño do barrio da Garita de Alcabre, era membro da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Alcabre, que en novembro de 1934 se constituíu como sindicato agrario, sendo elixido José Comesaña como secretario.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 xunto con outros membros da directiva da sociedade, o seu irmán Antonino Comesaña Pérez, o seu primo Emilio Comesaña Sobreira, e Fernando Costas Iglesias, foron ao cuartel da Garda Civil de Bouzas a pedir armas para opoñerse ao golpe, e non llas entregaron. O 30 de setembro foron detidos. Foron encerrados no frontón da rúa María Berdiales, de onde os sacou Francisco González Rodríguez o 6 de outubro para asasinalos. O seu cadáver apareceu na Pasaxe de Vincios xunto co do seu irmán Antonio e o de Emilio Giráldez Rodríguez.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Eusebia Pampillón Oitabén e foi pai de Telmo e Margarita Comesaña Pampillón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Tea, 24-11-1934, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]