José Chao Falcón
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1928 San Vicente de Trigás, España |
Morte | 30 de decembro de 1986 (58 anos) Mondoñedo, España |
Alcalde de Pantón | |
1979 – 30 de decembro de 1986 (finado no cargo) ← Ramón Pardo Arias – José Manuel Ledo López → | |
Datos persoais | |
Educación | Seminario de Mondoñedo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
José Chao Falcón, nado en San Vicente de Trigás (Mondoñedo) o 21 de agosto de 1928 e finado no mesmo concello o 30 de decembro de 1986,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou no Seminario de Mondoñedo en setembro do 1940. Cursou Latín e Humanidades no curso 1941-42. Abandonou os estudos por enfermidade en febreiro de 1943. Fíxose mestre e foi profesor de EXB no colexio público de Ferreira. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Pantón e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.
Predecesor: Ramón Pardo Arias |
Alcalde de Pantón 1979 - 1986 |
Sucesor: José Manuel Ledo López |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 10-1-1987, p. 20.