José Carlos Schwarz
José Carlos Schwarz | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1949 |
Bissau | |
Falecemento | 27 de maio de 1977 |
A Habana | |
Nacionalidade | Guinea-Bisau |
Ocupación | poeta e músico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Carlos Schwarz, nado en Bissau o 6 de decembro de 1949 e finado na Habana o 27 de maio de 1977, foi un poeta e músico de Guinea-Bissau. É amplamente recoñecido como un dos máis importantes e notábeis músicos de Guinea-Bissau.[1]
El escribiu en portugués e francés, mais cantaba en crioulo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1970 formou a banda "Cobiana Djazz" formado por un grupo de amigos. Estivo preso na “Colonia Penal e Agrícola da Illa das Galinhas" por mor da súa actividade política a prol da independencia. Inspirado nesta experiencia, compuxo a música “Djiu Di Galinha”[2].
Após a independencia de Guinea-Bissau, Schwarz converteuse en diretor do Departamento de Artes e Cultura, e tamén foi o responsábel da política da infancia guineana. En 1977 iniciou a súa carreira na Embaixada da Guinea-Bissau en Cuba. O 27 de maio do mesmo ano, Schwarz morreu nun accidente de avión preto da Habana.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "José Carlos Schwarz - A voz do povo".
- ↑ Benzinho, Joana; Rosa, Marta (2018). Guia Turístico - À Descoberta da Guiné-Bissau. Coimbra: Afectos com Letras, UE. 16 páxinas
- ↑ Casimiro, Fernando. "Memorável José Carlos Schwarz". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2007. Consultado o 13 de xuño de 2007.