José Campos Valiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Campos Valiñas
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoForcarei
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Campos Valiñas, nado en Forcarei, foi un agrarista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleiro en Forcarei, foi secretario da Sociedad Agraria de Forcarei.[1] Participou nas loitas agraristas dos anos vinte no norte de Pontevedra. Foi correspondente de El Progreso en Forcarei. Foi obxecto dun atentado político o 30 de maio de 1922.[2] Foi procesado por desacato á autoridade en agosto de 1923.[3] Despois da guerra foi propietario dunha fábrica de cirios en Teis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 12-6-1919, p. 3.
  2. "Hecho vandálico" in El Progreso, 4-6-1922, p. 2-3.
  3. La Voz de la Verdad, 22-8-1923, p. 3.