José Antonio Pacio Seco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Pacio Seco
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Balmonte, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 1971 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Castro de Rei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

José Antonio Pacio Seco, coñecido como Zacariade, nado en Balmonte (Castro de Rei) cara a 1900 e finado Lugo o 17 de marzo de 1971, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Da casa de Zacariade de Balmonte. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Castro de Rei. Impuxo multas para o Exército aos "izquierdistas más significados" de cada parroquia. Por iso foi denunciado por estafa polo novo alcalde, José Pillado Mouriz, e requirido para que devolvese o percibido.[1] Finou en Lugo o 17 de marzo de 1971.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Ocampo Fernández e foi pai de José Benito, Manuela del Carmen, Manuel, María del Sagrario e María Josefa Pacio Ocampo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castro de Rei en la Guerra Civil
  2. Necrolóxica en El Progreso, 18-3-1971, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Severino Rivas Barja
 
Alcalde de Castro de Rei
 
1936
Sucesor:
José Pillado Mouriz