José Antonio Navalón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Antonio Navalón
José Antonio Navalón, 2006.jpg
Nacemento1941
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento23 de xuño de 2017
Lugar de falecementoPuerto Real
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e ecoloxista
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Navalón, nado en Madrid o 7 de agosto de 1941 e finado en Puerto Real o 23 de xuño de 2017, foi un pintor e poeta español, activista cultural e defensor do medio ambiente en España e México. Conseguiu unha sentenza exemplar respecto da contaminación acústica en Andalucía.[1] En 2012 foi Premio Estatal de Poesía de Tamaulipas (México).

Comezos[editar | editar a fonte]

Nacido en plena posguerra en Madrid, criouse cos seus avós tras falecer a súa nai. Desenvolveu os seus estudos no Colexio dos Calasancios de Conde de Peñalver.  A súa vida laboral comezou con 14 anos como botóns nun banco.[2] Protexido da súa única tía materna, a actriz e vicetiple Angelita Navalón, desenvolveu un especial aprecio polo mundo da arte e a actuación. Traballou como asistente do xornalista Tico Medina.[3] Foi director de teatro do Ateneo de Madrid e do grupo de teatro Las Máscaras. Colaborou con Los Goliardos e foi realizador en Televisión Española.

Obra[editar | editar a fonte]

A partir dos anos 80 desenvolveu a súa carreira de pintor con diversas exposicións en galerías de Madrid, destacando a galería Torres Begué.[4] O crítico de arte Santiago Amón, escribiría sobre el:

“A práctica dunha poesía do espazo é o que mellor define a Navalón, coa súa forza emocional directa e a súa espléndida pureza. A obra deste artista é profundamente de hoxe. Ás formas funcionais da contorna cotiá responde cunha arte eficazmente expresiva, unha arte cuxos medios emocionais aparecen pudorosamente encubertos. Sen perder a súa sensibilidade senón todo o contrario, amplifica a puxanza da súa condición, e a súa obra adquire extraordinario rigor. José Antonio Navalón áchase á altura dos creadores de hoxe, que poden responder as esixencias da sensibilidade contemporánea”.[5]

Durante a década dos 80 e coincidindo cos tempos da movida madrileña, desenvolveu o seu labor como activista cultural desde o café galería de arte Bubión.[6]

O seu labor cultural e artístico trasladouse a El Puerto de Santa María e a baía de Cádiz onde expuxo en diversos centros culturais, cafés, e hoteis. Entre elas destaca a exposición “Ecosistemas íntimos” (1997)  no Museo Cruz Herrera de La Línea de la Concepción,  e a exposición antolóxica no Museo de Cádiz (2000) na que, mediante 72 obras, “o autor se alía co expresionismo, rasga e raspa intencionadamente o lenzo e o papel e busca no cromatismo unha forza inusitada”[7][8]

Comeza tamén entón a súa colaboración con Francisco Liria e La Carbonería de Sevilla, onde expuxo en varias ocasións.[9] A súa obra a partir do Expresionismo evolucionou cara ao expresionismo abstracto, sendo o maior expoñente do “Secuencialismo” e do GEM (Grupo de Expertos en Manchas).[10]

Navalón con Paco Liria en La Carbonería (2006).

Respecto diso Francisco Liria escribiría sobre el:

“As súas pinturas viñeron a dar nunha sorte de maduración ao redor das relacións das estratexias de representación ou tratamento da contra-figuración. O seu carácter transgresor logra unir unha contestataria visualidade aos mellores camiños do expresivismo contra-figurativo daqueles, por subversores, inesperados anos".[11]

A súa colaboración co pintor David López Panea, premio Focus-Abengoa, pasou pola creación de obra conxunta e o activismo do GEM ou Grupo de Expertos en Manchas impartindo talleres e conferencias.[12]Trala súa primeira estancia en México (2003-5) multiplicáronse as exposicións en Andalucía, comezando a difundir os seus poemas, e obtendo o 2º premio de Cartas de Amor de Vicálvaro.[13]

Expón na Casa da Cultura de Chiclana “Nostalgias del viajero” (2006), en Sevilla “Tauromagia” e “Pintan palabras” e en Xerez, Rota, Puerto Real, Cádiz. Dedica a exposición “La flor inmediata” ao seu amigo Andrés Calamaro. Tamén participa na homenaxe a Nicolás Salmerón no centenario da morte do que fora presidente da I República española.[14]   

O crítico Bernardo Palomo, con motivo da exposición en El Puerto de Santa María describe a súa obra como “fierismo”:  

"Na obra de José Antonio Navalón atopámonos cores mergulladas na sabedoría de anos percorrendo outras latitudes, amasando ideas, colleitando luces, con ese acento solidario e crítico que envolve uns tons vibrantes, líricos. E emocionantes cores. "A súa pintura densa e esencial, presenta os ritmos poderosos dunha figuración marcada unicamente polos valores matéricos da forma. Todo na súa obra está supeditado á expresión colorista, á supremacía dunha cor que exerce a súa potestade abertamente, sen resabios efectistas, á procura absoluta dunha representación que abandona as parcelas dun expresionismo determinante para situarse nun salvaxe fierismo –á pintura de José Antonio Navalón séntalle mellor a tradución española daquel Fauve de tan impactante transcendencia plástica- onde a abstracción atópase soamente a un paso."[15]

 Activismo ambiental[editar | editar a fonte]

A súa vida na provincia de Cádiz levouno á loita ecoloxista para a protección de espazos naturais como a praia do Palmar de Vejer, onde fundou en 1992 a Asociación Casa en la Area, e onde desenvolveu numerosas actuacións para a defensa do litoral e para a promoción da educación ambiental.[16] O seu apoio explícito á interconexión eléctrica entre España e Marrocos, o que se denominaría o “Cable de Tarifa”, suscitoulle numerosas críticas e ameazas.[17]

O seu activismo social faille crear a nivel nacional a “Plataforma contra el Ruído” que reuniría asociacións e veciños de diferentes cidades españolas afectadas polas molestias do botellón e dos ruídos do tráfico. En 2005 conseguiu por medio dos tribunais e de “Juristas contra el Ruído” unha sentenza exemplar contra o Concello de El Puerto de Santa María e o seu alcalde Hernán Díaz, do que se declarou íntimo inimigo. A sentenza supuxo a primeira das sancións ao municipio pola “Motorada” ou circulación de miles de motocicletas durante varios días no centro da cidade e coincidindo co Campionato Mundial de Motociclismo en Xerez.[18]

Vida e obra en México  [editar | editar a fonte]

A súa primeira estancia en México (2003-2005) residindo en Ciudad Vitoria (Tamaulipas) permitiulle realizar diversas exposicións, recitais de poesía e entrar en contacto con poetas e artistas como Alejandro Rosales, Alfredo Ponce, Valentina Beristain e Agnès Druene.[19]

Na súa segunda estancia en México (2011-2017) convive coa violencia das guerras ás drogas en Ciudad Vitoria, Tamaulipas, onde está acompañado pola súa filla adolescente, mentres participa na vida cultural da cidade con distintos talleres con Alejandro Rosales e colaborando coa súa páxina “Ojo del cíclope” no diario El Expreso. Recibe o Premio Estatal de Poesía de Tamaulipas en 2012 co libro “Aquí me quedo”.[20]

Fuxindo da violencia da guerra ás drogas trasládase ao outro extremo da República, residindo na cidade de Tuxtla Gutiérrez (Chiapas), onde seguiu participando na vida cultural, con numerosas exposicións,  programas de radio e talleres até o seu falecemento.[21][22][23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "3.225. José Antonio Navalon Martínez. Un pintor en defensa del medio ambiente.". Gente del Puerto (en castelán). 26 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  2. V.Agar “El arte es una forma de destruir el tiempo. Entrevista a José Antonio Navalón” Diario Información, El Puerto 10.02 2006
  3. "Pérez Henares: "El pueblo español necesita reencontrarse consigo mismo"". Zenda (en castelán). 3 de maio de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  4. "ABC.es Hemeroteca - Navegar por fecha" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  5. Santiago Amón, La Hoja del Lunes, 16/02/1981
  6. "Un adiós al pintor Jose Antonio Navalón". Expansión.com (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  7. "José Antonio Navalon define su obra como "una pintura al acecho"". El País (en castelán). 3 de xullo de 1997. ISSN 1134-6582. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  8. "Cultural (Madrid) - 01/07/2000, p. 46 - ABC.es Hemeroteca" (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  9. La Carbonería, ed. (31 de xullo de 2012). "La Carbonería: Pinturas de José Antonio Navalón". Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  10. "David López Panea". ProProNews (en castelán). 8 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  11. La Carbonería, ed. (31 de xullo de 2012). "La Carbonería: Pinturas de José Antonio Navalón". Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  12. Internet, Unidad Editorial. "Placentera nostalgia | Andalucía | elmundo.es". Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  13. "Dos generaciones ante el mismo compromiso con el arte y los derechos". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  14. "Navalón muestra sus pinturas dedicadas a Andrés Calamaro". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  15. "Navalón expone en el Centro Cultural Alfonso X". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  16. "ABC SEVILLA (Sevilla) - 23/06/1994, p. 16 - ABC.es Hemeroteca" (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  17. "ABC SEVILLA (Sevilla) - 23/06/1994, p. 16 - ABC.es Hemeroteca" (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  18. "El derecho al descanso". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  19. Diario de Victoria. Gente. Domingo 12 de outubro de 2003, “José Antonio Navalón, Testimonio constante de una experiencia humana profunda a través de la pintura”
  20. Revista Alcaraván Cultural, 19 de decembro de 2016, "Aquí me quedo", poesía de José Antonio Navalón Martínez, publicada en Youtube.
  21. "CULTURA, 26 DE JUNIO DE 2017". calameo.com. Consultado o 27 de novembro de 2018. [Ligazón morta]
  22. "Fallece el pintor español José Antonio Navalón Martínez". Diario de Chiapas (en castelán). 26 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  23. "Navalon dice adiós a Chiapas - El Radiofono.com" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]