Tico Medina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tico Medina
(Tico Medina) Premios ¡Bravo! 2018.jpg
Nacemento11 de setembro de 1934
 Píñar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresentador de televisión e xornalista
PremiosMedalla de Ouro ó Merito no Traballo e Premio Ondas
editar datos en Wikidata ]
Tico Medina (dereita), con Juan Antonio Cebrián.

Escolástico Medina García, chamado Tico Medina, nado en Píñar (provincia de Granada) o 11 de setembro de 1934, é un xornalista andaluz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira comezou en Granada, en Radio Granada e no Diario Ideal. En 1956 escribiu tamén no xornal Informaciones e máis adiante no Diario Pueblo ata 1968. Dende os inicios da televisión en España, nos anos cincuenta, Tico Medina foi un rostro coñecido ao presentar algúns dos programas máis famosos de Televisión Española. O primeiro deles foi Tele-Madrid (1957), conducido canda o xornalista Yale, pero despois destacou en emisións como España en directo ou 300 millones. Despois regresou á prensa escrita, onde foi redactor xefe da revista ¡Hola! ou xefe de reporteiros de ABC. Nos últimos anos noventa volveu á pequena pantalla como participante en parladoiros e talk-shows.

Tamén foi guionista de filmes como Aprendiendo a morir (1962) de Pedro Lazaga ou La niña de luto (1964) de Manuel Summers; e tamén escritor, cunha vintena de títulos.

Televisión[editar | editar a fonte]

Rúa de Tico Medina, en Mojácar (provincia de Almería).

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]