José Antonio Lodeiro Piñeiroa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1868 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Morte | 22 de decembro de 1934 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor, músico militar ![]() |
José Antonio Lodeiro Piñeiroa, nado en Mondoñedo o 16 de marzo de 1868 e finado na Coruña o 22 de decembro de 1934, foi un músico galego, coñecido principalmente por ser o compositor do primeiro himno do Fútbol Club Barcelona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Lodeiro e Filomena Piñeiroa, naceu no barrio dos Muíños de Mondoñedo. Inicialmente foi aprendiz de carpinteiro e recibiu as súas primeiras leccións de solfexo da man de José Antonio Ramos Gasalla na súa vila natal. Axiña pasou a formar parte como educando na banda de música de Heremenegildo Mancebo.[1]
Sendo aínda mozo marchou de Mondoñedo para ingresar no exército, entrando a formar parte do Rexemento de Murcia en Lugo. Non tardou en ingresar na banda do rexemento, primeiramente como educando e logo de superar as probas, como músico de segunda, xa nun rexemento desprazado en Cataluña, onde posteriormente conseguiría unha praza como músico de primeira.[1]
Estudou na academia que o coruñés José María Varela Silvari abrira en Madrid, onde se preparou para ascender a director de banda,[2] posto que acadaría por oposición.[1]
Durante a súa estancia en Cataluña afeccionouse ao fútbol e fíxose socio do FC Barcelona. Foi o compositor do primeiro himno do club, que se estreou o 17 de xullo de 1910 para celebrar os tres títulos conseguidos na tempada que acababa de rematar. O himno estivo vixente ata 1923, cando foi substituído por outro con música de Enric Morera e letra de Rafael Folch.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "D. José Lodeiro Piñeiroa, en su última voluntad, pone de manifiesto el acendrado amor a su pueblo natal". Villabria (en castelán) (255). 6 de xaneiro de 1935. Consultado o 25 de outubro de 2022.
- ↑ de Cora, José (4 de abril de 2019). "José Antonio Lodeiro Piñeiroa". El Progreso (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2022.
- ↑ Padilla, Toni (28 de novembro de 2024). "Un himno eterno creado de madrugada". Panenka (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2025.