Jorge de Vivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJorge de Vivero
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente , escritor , político , ecoloxista Editar o valor em Wikidata

Jorge Vivero Pérez, tamén coñecido como Xurxo de Vivero ou Jorge de Vivero,[1] nado o 17 de xullo de 1949 na Coruña, é un escritor, xornalista, profesor, político e ecoloxista galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado pola Universidade de Santiago,[3] foi profesor de ensino secundario, Lingua e Literatura Castelá, en Lugo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.[4]

O seu pai foi socio fundador da Sociedade Española de Ornitoloxía e desde moi novo interesouse pola ecoloxía. Fundou o Colectivo Ecoloxista Radical e participou na fundación de CEDENAT (Colectivo Ecoloxista de Defensa da Natureza), da Asemblea de Grupos Ecoloxistas de Galicia e de Os Verdes de Galicia. Participou en política desde 1987 ata 1999.[2]

Colaborador da Revista de Obras Públicas[5], do semanal de El Progreso[6] desde 1989 e da Cadena Ser.

En 2014 reclamou a propiedade da Torre de Torés.[7]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Como Xurxo de Vivero

  • As Donas do Vento. Aves rapaces de Galicia (1989). Vigo: Xerais. 177 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Carlos Moreno. ISBN 9788475073873.
  • Eses Nobres cazadores. Mamíferos carnívoros de Galicia (1990). Vigo: Xerais. 165 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Carlos Moreno. ISBN 84-7507-443-X.
  • Veciños do Home. Aves urbanas de Galicia (1993). Vigo: Xerais. 301 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Nicolás Muñoz Toro. ISBN 9788475077307.
  • Un ano nos Ancares (1994). Vigo: Xerais. 408 páxs. ISBN 9788475078205.
  • Un ano no Courel (1997). Vigo: Xerais. 300 páxs. Ilustracións de Restituto López Hernández. ISBN 9788483021354

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Como Jorge de Vivero

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1992: Lucense do ano.
  • 2018: Pregoeiro das Festas de Primavera do Páramo.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: v". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-11-19. 
  2. 2,0 2,1 "Xurxo Vivero Pérez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-11-19. 
  3. "Jorge de Vivero Pérez". Linkedin. Consultado o 19/11/2021. 
  4. Lugo, El Progreso de (2010-02-06). "Jorge de Vivero pecha con ‘Ventanas al campo’ un ciclo vital e literario". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-11-19. 
  5. "Lo que el viento se lleva". Revista de Obras Públicas (en castelán). Consultado o 2023-11-19. 
  6. Lugo, El Progreso de. "El Progreso de Lugo: Periódico líder de Lugo y su Provincia". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-11-19. 
  7. "Jorge de Vivero reclama la propiedad de la torre de Torés". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-10-25. Consultado o 2023-11-19. 
  8. Lugo, El Progreso de (2022-09-08). "De Vivero, Tejero y Díaz presentaron 'Puertas del Camino' en un O Vello Cárcere abarrotado". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-11-19. 
  9. Lugo, El Progreso de (2018-06-05). "O profesor e escritor Jorge de Vivero será o pregoeiro das Feiras de Primavera". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-11-19.