Jorge González-Redondo Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJorge González-Redondo Serrano
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
Morte7 de abril de 1953 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mondoñedo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLuis González-Redondo Maseda Editar o valor em Wikidata

Jorge González-Redondo Serrano, nado cara a 1892 e finado en Mondoñedo o 7 de abril de 1953, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Propietario e comerciante. Foi presidente da Asociación Juventud Tradicionalista en 1912, concelleiro e deputado provincial, e un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917. Foi líder local da Unión Patriótica e director do seu órgano de propaganda, Renovación. Foi vocal da Comisión Organizadora do somatén da 8ª Rexión no Partido de Mondoñedo e alcalde de Mondoñedo nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e tras a destitución da corporación republicana, foi o primeiro alcalde de Mondoñedo nomeado pola autoridade militar dende o 23 de xullo. Posteriormente foi concelleiro de tenente de alcalde de Mondoñedo. Finou en Mondoñedo en 1953 con 60 anos.[1]


Predecesor:
José María Álvarez-Mon Basanta
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1923
Sucesor:
Manuel Lage Castrillón
Predecesor:
Manuel Lage Castrillón
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1927 - 1930
Sucesor:
José Cigarrán Cotilla
Predecesor:
José Ramón Villamarín Pallín
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1936 - 1944
Sucesor:
Federico de la Peña Fernández

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Luisa Maseda Corbal e foi pai de Jorge, María Luisa, Vicente, María de los Remedios, José María, Emilia, María del Carmen, Antonio, Jaime, Victoriano, Luís, Ana María, Inmaculada e Alfonso Carlos González-Redondo Maseda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Progreso, 9-4-1953, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]