Manuel Lage Castrillón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Lage Castrillón
Biografía
Nacemento1867 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mondoñedo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata

Manuel Lage Castrillón, nado en Ortigueira en 1867 e finado en Mondoñedo o 20 de novembro de 1939, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comandante de Infantaría retirado asentado en Mondoñedo, foi director da sucursal do Banco da Coruña en Mondoñedo. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Mondoñedo pola autoridade militar e elixido alcalde o 17 de xaneiro de 1924.[1][2] Permaneceu no cargo até 1927. Logo foi concelleiro de Mondoñedo.[3]


Predecesor:
Jorge González-Redondo Serrano
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1924 - 1927
Sucesor:
Jorge González-Redondo Serrano

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado Fillo adoptivo de Mondoñedo na sesión do Concello de 26 de xaneiro de 1929.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras núpcias con Justa Álvarez Prieto, e logo da súa morte volveu casar con Sergia Tapia Leivas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 27-1-1924, p. 11.
  2. Nova Galicia, 28-3-1924, p. 1.
  3. El Heraldo Gallego, 27-5-1928, p. 3.
  4. Renovación, 2-2-1929, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]