Jorge Domínguez Rosal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Domínguez Rosal
Meaño 04-02a.jpg
Nacemento29 de xuño de 1959
 Meaño
Falecemento20 de novembro de 2012
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Jorge Domínguez Rosal, nado en Meaño o 29 de xuño de 1959, e finado o 20 de novembro de 2012 en Pontevedra[1], foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro técnico agrícola e técnico superior en Riscos Laborais de formación, logo de trece anos residindo en Sanxenxo volveu a Meaño en 1985 para ocupar unha praza de funcionario. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 encabezando a candidatura de Independentes de Meaño e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde en 1995 e 1999 tamén con maioría absoluta. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e volveu ser elixido por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.

Dende 2003 presidiu a Mancomunidade do Salnés, entidade na que entrou en 1991 como vocal e da que foi vicepresidente (1995-1999). Foi elixido deputado provincial en 2011[2]. Faleceu de cancro o 20 de novembro de 2012, aos 53 anos.


Predecesor:
Germán Manuel Rodiño González
 Escudo de Meaño.svg
Alcalde de Meaño
 
1991 - 2012
Sucesor:
Lourdes Ucha Varela

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]