Jordi Tur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tur
Información persoal
Nome Jordi Tur Antonio
Nacemento 19 de maio de 1998
Lugar de nacemento Eivisa
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Unionistas
Número 20
Carreira xuvenil
–2014 San Rafel
2014–2017 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2021 Cádiz B 108 (10)
2020 Córdoba 0 (0)
2021–2023 Numancia 46 (2)
2023– Unionistas 6 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Jordi Tur Antonio, nado en Eivisa o 19 de maio de 1998, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de destacar na canteira do San Rafel da súa illa natal, ingresou aos 15 anos na estrutura do FC Barcelona,[1] militando ata o 2017 no equipo xuvenil da División de Honra. Rematada a súa etapa como xuvenil, fichou polo Cádiz B, da Terceira División, co que logrou o ascenso a Segunda B na tempada 2018/19.[2]

No mercado invernal da tempada 2019/20 foi cedido ao Córdoba, ao que chegou cunha pequena lesión muscular. Tras recuperarse desta non conseguiu facerse cun oco no equipo, marchando ao remate da tempada sen ter chegado a debutar.[3] De regreso en Cádiz, recuperou protagonismo e acadou os 108 partidos co filial.

Para a tempada 2020/21 fichou polo Numancia, proclamándose campión do seu grupo da Segunda División RFEF, e logrando así o ascenso a Primeira RFEF.[4] Despois de dous anos en Soria, asinou en 2023 polo Unionistas de Salamanca, tamén de Primeira RFEF.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Cádiz B
Numancia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El jugador del San Rafael Jordi Tur ficha por el FC Barcelona cadete" (en castelán). 28 de marzo de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  2. "La Masía por el mundo: Jordi Tur, el sostén del Cádiz CF B" (en castelán). 7 de novembro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  3. "El Córdoba CF y Jordi Tur, una historia de interés común" (en castelán). 19 de maio de 2020. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  4. "Jordi Tur renueva con el Numancia hasta 2024" (en castelán). 1 de xuño de 2022. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  5. Ramajo, Iván (8 de xullo de 2023). "Jordi Tur, nuevo fichaje para la medular del Unionistas" (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]