Saltar ao contido

Jordi Adroher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de novembro de 2017 ás 08:57 por 46.189.148.74 (conversa)

Jordi Adroher Mas, nado en Ribes de Freser (Xirona) o 22 de novembro de 1984, é un xogador de hóckey a patíns catalán que xoga na posición de dianteiro no SL Benfica.

Traxectoria

Púxose os seus primeiros patíns na súa localidade natal, Ribes de Freser, mais estivo en Maçanet. Xogou no SHUM Maçanet ata o seus segundo ano de júnior, cando se trasladou a Lloret. Logo de dúas tempadas no C.H. Lloret, Ferrán Pujalte (daquela no seu terceiro ano no banco do Club Patí Vic) chamouno para reforzar o plantel. Na tempada 2009-10 chegou ao primeiro equipo do FC Barcelona, a pesar de que o club barcelonés xa o fichara seis anos atrás e o cedera ao Vic seguindo a política da sección.

Características

Adriher é un dianteiro zurdo, moi técnico e cun disparo potente e preciso. Na tempada 2008-09 foi o máximo goleador da liga regular na OK Liga, e no cómputo global (liga regular e playoffs) quedouse a un gol do máximo goleador, o liceísta Jordi Bargalló (37 goles marcou Bargalló, por 36 de Adroher).

Palmarés

Club Patí Vic

FC Barcelona

Selección española

Véxase tamén

Ligazóns externas