Jon Bojer Godal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1937 (87 anos) Rauland Municipaity, Noruega (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, Norwegian public servant (en) , director de escola, silvicultor |
Familia | |
Irmáns | Ingvald Godal Tore Godal Ellen Nordstoga |
Jon Bojer Godal, nado en 1937 en Telemark, é artesán e un estudoso noruegués especializado na cultura tradicional nórdica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vén focalizando o seu traballo nos usos da madeira en vivendas e embarcacións, e na carpintería de ribeira e as técnicas de navegación das embarcacións tradicionais.
Estudou na Escola superior de enxeñaría agrícola de Noruega (Norges Landbrukshøgskole). Foi director e profesor de cultura mariñeira na Escola superior popular de Rissa (Fosen Folkehøgskole i Rissa). Está rexistrado como artesán oficial do museo etnográfico de Maihaugen en Noruega.
Ten publicado traballos sobre usos dos materiais tradicionais. A súa obra máis extensa son os catro volumes sobre embarcacións dos fiordes (Åfjordbåt) e embarcacións das rexións do norte (Nordlandsbåt), que escribiu xunto con Gunnar Eldjarn.
Está interesado nas relacións entre as embarcacións nórdicas como o Geitbåt (o barco "cabuxa") e as dornas galegas.
Obra
[editar | editar a fonte]- Åfjordbåten og Nordlandsbåten (Embarcacións dos fiordes e das rexións do norte) volumes 1 a 4. Xunto con Gunnar Eldjarn. 1988 - 1990
- Beresystemet i eldre norske hus (Sistemas construtivos nas antigas vivendas norueguesas). 1994
- Tre til tekking og kleding' (A madeira nos solados e tellados) 1994
- Tre til laft og reis (A madeira nos faiados e pendellos) 1994
- Tre til båtar (A madeira nas embarcacións) 2001