O filme recibiu valoracións positivas, sendo considerada polos críticos como unha das mellores interpretacións de Reeves e un dos mellores filmes de acción de 2014. Recadou 86 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 20–30 millóns. A súa secuela, John Wick: Chapter 2, estreouse en 2017, e tivo un éxito comercial e de crítica comparable ao primeiro.