John Stauffer Potter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Stauffer Potter
Nacemento1 de setembro de 1924
 California
Falecemento4 de xaneiro de 2014
 Martha's Vineyard
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

John Stauffer Potter, nado en California o 1 de setembro de 1924 e finado en Martha's Vineyard (Massachusetts) o 4 de xaneiro de 2014[1], foi un empresario e escritor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de John Stauffer Potter and Edna Lee Potter, medrou en Shanghai, e despois estudou na Escola de Linguas da Universidade de Colorado, e a Escola de Negocios de Columbia. Combateu na segunda guerra mundial, licenciándose como tenente en intelixencia naval. En 1947 graduouse na Universidade Harvard e iniciou varios proxectos empresariais na República Popular da China e Corea do Sur.

A partir dunha viaxe por Europa en 1954 comezou a interesarse por tesouros afundidos, e botou catro anos á procura do tesouro da batalla de Rande xunto con Owen Lee[2]. En 2002 asistiu á inauguración da exposición Rande 1702: Arde o mar no Museo do Mar de Galicia, onde recibiu unha homenaxe por participar no rescate dos corpos finados de varios pescadores de Moaña. Casado con Joan Coles Potter, tivo tres fillos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Treasure divers of Vigo Bay (1958[3], traducido ao castelán como En busca del tesoro de la ría de Vigo)
  • The treasure diver's guide (1960)[4]
  • My first nine lifes (2012)[5]
  • Tras o rastro do Santo Cristo de Maracaibo[6] (On the track of the HMS Monmouth's galleon... and sunken treasure!, 2014)[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Obituaries". Martha's Vineyard's Times (en inglés). 7 de xaneiro de 2014. 
  2. Primitivo Carbajo (23 de outubro de 2002). "El tesoro de Rande". El País (en castelán). 
  3. "Treasure divers of Vigo Bay". Amazon. 
  4. "The treasure diver's guide". Amazon. 
  5. "My first Nine Lifes". Amazon. 
  6. Xesús Fraga (2 de outubro de 2017). "Un americano tras o tesouro de Rande". La Voz de Galicia. 
  7. "On the track of the HMS Monmouth's galleon... and sunken treasure!". Amazon.