John Birmelin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Birmelin
John Birmelin.jpg
Nacemento31 de outubro de 1873
 Longswamp Township
Falecemento3 de setembro de 1950
 Allentown, Pensilvania
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

John Birmelin, nado en Longswamp o 31 de outubro de 1873 e finado en Allentown o 3 de setembro de 1950, foi un escritor norteamericano en alemán de Pensilvania.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Birmelin naceu no condado de Berks, de nai alemá de Pensilvania[1] e pai alemán orixinario de Baden. Estudou música de novo e aos once anos era organista na igrexa local. En 1896 estableceuse en Allentown, no condado de Lehigh e en 1901 aceptou un traballo como o organista e director do coro da Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús de Allentown, posición que mantivo ata o seu retiro, unhas semanas antes da súa morte. Foi tamén profesor de música no instituto católico de Allentown desde 1926 ata 1936.

Non obstante escribir algunha poesía na súa mocidade, non volveu escribir ata os últimos anos da súa vida. En 1935[2] publicou o seu primeiro poema na sección "S Pennsylvaanisch Deitsch Eck" do xornal The Morning Call. O seu principal éxito popular foi Mammi Gans: The Dialect Nursery Rhymes of John Birmelin, unha tradución ao alemán de Pensilvania de diferentes cancións infantís. A poesía de Birmelin a miúdo trata aspectos da vida e da historia dos alemáns de Pensilvania. Entre as súas poesías máis salientables están "Gwendeltee", unha das súas primeiras composicións, é sobre unha fermosa rapaza dunha granxa. "Regina Hartmann" sobre o regreso dunha moza alemá de Pensilvania tras quedar prisioneira na guerra franco-india. "Der Laaf Kaaf", composición situada no século XVIII.

"Mei Land, ich sing vun dir" é a tradución da canción patriótica "My Country, 'Tis of Thee" frecuentemente coñecida simplemente como "America", cantábase e aínda se canta nas Fersommling e outros eventos asociados coa cultura dos alemáns de Pensilvania.

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Der Gnopp (1935, baseada na obra Ein Knopf de Julius Rosen[3])
  • M Dr. Helfrich sei Office Schtunn (tamén coñecida como Em Docktor Folge sei offis schtunn, comedia representada en 1935[4] baseada na farsa de Adolf Reich Dr. Kranichs, sprechstunde[3])

Poemas[editar | editar a fonte]

  • "'S Alder un der Dot"
  • "Buchschtaaweschpielerei"
  • "Celia von Berneville"
  • "Gwendeltee"
  • "Gezwitscher"
  • "Der Laaf Kaaf"
  • "Regina Hartmann"

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Mammi Gans: The Dialect Nursery Rhymes of John Birmelin
  • A Child's Garden of Verses de Robert Louis Stevenson
  • Hans un Yarick. En Busche'gschicht in siwwe Schtreech, tradución de Max und Moritz. Eine Bubengeschichte in sieben Streichen de Wilhelm Busch que apareceu en 1944 en "'S Pennsylvaanisch Deitsch Eck" e que se publicou en libro en 2002 [5]

Coleccións e antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Gezwitscher (colección de poemas, publicados en 1938 como parte do anuario da Pennsylvania German Folklore Society)
  • Later Poems of John Birmelin (1951)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O termo alemán de Pensilvania fai referencia a unha comunidade de orixe alemá que se asentou en Pensilvania nos séculos XVII e XVIII, que adquiriu características propias e que desde aquela tamén se espallou por outros territorios. Irwin Richman (2004) The Pennsylvania Dutch Country. Arcadia Publishing, 162 pp.
  2. Earl C. Haag (1988) A Pennsylvania German Anthology. Susquehanna University Press, p.224
  3. 3,0 3,1 John Henry Ottemiller e Denise L. Montgomery (2011) Ottemiller's Index to Plays in Collections: An Author and Title Index to Plays Appearing in Collections Published Since 1900. Scarecrow Press, p. 45
  4. Don Yoder (2003) Groundhog Day Stackpole Books, 2003, p. 145
  5. Publicouse nunha versión bilingüe alemán de Pensilvania-inglés editada por Walter Sauer para Tintenfass [1]