John Bannerman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1932 |
Morte | 8 de outubro de 2008 (76 anos) |
Educación | Universidade de Cambridge Universidade de Glasgow |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Empregador | Universidade de Edimburgo |
Familia | |
Cónxuxe | Chrissie Dick (1959–) |
Fillos | Annag Bannerman, Seanaidh Bannerman, Kate Bannerman, Mary Bannerman, Gilbert Bannerman |
Pais | John Bannerman, Baron Bannerman of Kildonan e Ray Mundell |
John Walter MacDonald Bannerman, nado en Balmaha, Stirlingshire o 13 de agosto de 1932 e finado ibídem o 8 de outubro de 2008, foi un historiador escocés, coñecido polo seu traballo sobre a Escocia gaélica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de John MacDonald Bannerman, antigo Lord Bannerman de Kildonan, e da súa esposa Ray Mundell, a súa familia falaba o gaélico escocés, e Bannerman estudou as linguas celtas na Universidade de Glasgow e completou o seu doutoramento na Universidade de Cambridge, onde foi alumno de Kathleen Hughes.
Malia que quería ensinar gaélico nas escolas, Bannerman acabou por asumir un cargo no departamento céltico da Universidade de Aberdeen antes de ingresar no departamento de historia na Universidade de Edimburgo en 1967. Asumiu a xestión da facenda da familia en Balmaha en 1968, pouco antes da morte do seu pai, dividindo o seu tempo entre o ensino en Edimburgo, a escrita e a facenda.
O seu traballo sobre a Escocia gaélica foi importante. Os seus primeiros traballos sobre Dál Riata, o Senchus fer n-Alban e as crónicas de Iona, que formaron parte posteriormente da Crónica de Irlanda, están contidos no seu libro de 1974, Studies in the History of Dalriada. Foi un dos principais contribuíntes para o rexistro de Late Medieval Monumental Sculpture in the West Highland publicado en 1977 e o seu estudo da familia Beaton -The Beatons: Medical Kindred in the Classical Gaelic Tradition- foi publicado en 1986.
Nos seus últimos anos traballou investigando a historia do señorío das Illas. Deixou de ensinar na Universidade en 1997 e dedicouse a tempo integral ós negocios da familia en Balmaha.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Bannerman casou con Chrissie Dick en 1959. Tiveron cinco fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Broun, Dauvit; MacGregor, Martin (26 de novembro de 2008). "Dr John Bannerman (obituary)". The Herald.