Johannes Werner
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de febreiro de 1468 Núremberg |
| Morte | maio de 1522 Núremberg |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Roma La Sapienza (1493–1497) Universidade de Ingolstadt (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Cartografía |
| Ocupación | matemático, cartógrafo, astrónomo, astrólogo |
| Movemento | Renacemento alemán |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) |
Johannes Werner, nado o 14 de febreiro de 1468 en Núremberg e finado na mesma cidade en maio de 1522, foi un crego moi coñecido por refinar e engadir as capacidades teóricas da proxección xeográfica en forma de corazón que hoxe en día se coñecen como proxección Werner. O primeiro en desenvolver esta proxección foi o seu amigo e colaborador Johannes Stabius, natural de Viena, arredor do ano 1500; o que Werner fixo foi perfeccionala. Fixo así mesmo outras importantes contribucións nos campos da matemática e a física.