Johannes Legrant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johannes Legrant
Nacemento1420
Falecemento1440
NacionalidadeFrancia
Ocupacióncompositor e cantor
Na rede
Musicbrainz: cfc212b4-cbc8-45ca-a7a0-8d094182594f Discogs: 1435886 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Johannes Legrant, tamén coñecido polos nomes de Jean Legrant e de Jan le Grant, foi un músico francoflamengo de orixe francesa activo entre os anos 1420 e 1450, pertencente á escola de Borgoña[1]. Semella non ter relación ningunha co seu homónimo, Guillaume Legrant, compositor coetáneo tamén pertencente á escola francoflamenga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe sobre a súa vida de Legrant nos primeiros anos do século XV. En 1423 e 1424, era músico e probablemente vicario na Colexiata de San Vicente de Soignies, unha institución cunha actividade musical importante. Foi tamén cantante na catedral de Antuerpen entre 1441 e 1443, segundo consta nos rexistros eclesiásticos.

Obra[editar | editar a fonte]

O estilo de Jean Legrant é semellante ao do inicio daescola de Borgoña, e amosa claras influencias dalgúns dos primeiros traballos de Guillaume Dufay e de Gilles Binchois. Compuxo pezas melódicas de estilo elegante, ao xeito típico de Borgoña, particularmente rondós e baladas.

É salientable a súa balada Entre vous, nouviaux mariés[2]), así como catro obras sacras, particularmente unha gloria para dúas e tres voces, e un credoa tres voces.

Obras conservadas[editar | editar a fonte]

  • Las je ne puis (rondó)[3].
  • Entre vous, nouviaux mariés (balada)[4].
  • Se liesse (rondó).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johannes Legrant en Encyclopédie Larousse.
  2. Entre vos Nouviaux Maries Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.. En Asteria. Late medieval vocal and instrumental music.
  3. Composicións de Jean Legrant. En Allmusic.com.
  4. Concerto da BBC Arquivado 09 de abril de 2014 en Archive.is.
  5. Johannses Legrant. The Spirits of England & France. Vol. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Nova York. W. W. Norton. 1954. [ISBN 0-393-09530-4]