Joe Engle
Joe Engle | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 26 de agosto de 1932 |
Lugar | Chapman |
Actividade | |
Misións | STS-2 e STS-51-I |
Tempo no espazo | 9,35 días |
Premios | Distinguished Flying Cross, Harmon Trophy, Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Joe Henry Engle, nado en Abilene (Kansas) o 26 de agosto de 1932, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-2 e STS-51-I. Pasou un total de 9,35 días no espazo.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Engle graduouse en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Kansas en 1956, mesmo ano no que entrou na escola de voo da Forza Aérea dos Estados Unidos. Foi seleccionado pola NASA como astronauta en marzo de 1966. Foi o piloto de reserva do módulo lunar da misión Apollo 14 e foi asignado á misión Apollo 17 antes de que os recortes produciran cancelacións de misións posteriores e movemento de tripulacións. Finalmente participou como comandante nas misións STS-2 e STS-51-I e pasando un total de 9,35 días no espazo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "Engle, Joe Henry" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2020.
- ↑ NASA, ed. (xuño de 2009). "MAJOR GENERAL JOE H. ENGLE USAF / AIR NATIONAL GUARD, RET.NASA ASTRONAUT, RET." (PDF) (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joe Engle ![]() |