Joe Cocker
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Robert Cocker 20 de maio de 1944 Sheffield, Reino Unido |
Morte | 22 de decembro de 2014 (70 anos) Crawford (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Garden of Memories Cemetery (en) |
Residencia | Crawford (pt) |
Altura | 1,74 m |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nova York |
Ocupación | cantante, pianista, compositor de cancións, actor, artista discográfico |
Período de actividade | 1960 - 2014 |
Xénero artístico | Blues e música rock |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Piano, voz e Harmónica |
Selo discográfico | Regal Zonophone Decca Records IL (en) Chrysalis Island Records A&M Records Capitol Records The Rocket Record Company |
Familia | |
Cónxuxe | Pam Baker |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | cocker.com |
|
John Robert Cocker, coñecido co nome artístico de Joe Cocker, nado en Sheffield o 20 de maio de 1944 e finado o 22 de decembro de 2014[1], foi un cantante inglés de música rock e blues.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Joe Cocker iniciou a súa carreira musical en Sheffield, onde nace, participando en pequenas bandas desde os 15 anos. A primeira delas é The Avengers (baixo o nome artístico de Vance Arnold), seguida de Big Blues en 1963 e The Grease Band (1966). O seu primeiro sinxelo é "I’ll Cry Instead", e foi o primeiro en conter varias versións dos Beatles.
Logo de éxitos menores en Gran Bretaña co sinxelo "Marjorine", tivo o seu momento de éxito cunha versión innovadora de "With a Little Help from My Friends", outra versión de The Beatles, do álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, no que incorporan ó guitarrista principal de Led Zeppelin Jimmy Page, liderando a lista de sinxelos de Gran Bretaña nunha semana de novembro de 1968.
En 1969 participou no Festival de Woodstock, onde interpretou cinco cancións: "Delta Lady", "Some Things Goin' On", "Let's Go Get Stoned", "I Shall Be Released" e "With a Little Help from my Friends".
Cocker logrou un segundo éxito en Gran Bretaña coa canción de Leon Russell "Delta Lady". Novamente acada grandes logros con versións de The Beatles, en especial en 1970 coa versión de "She Came in Through the Bathroom Window" do álbum Abbey Road.
Mentres os seus éxitos británicos demostraron ser difíciles de manter, desfrutou varios éxitos nos Estados Unidos con "Cry Me a River" e "Feelin' Alright" de Dave Mason. En 1970 a versión do famoso tema "The Letter" de The Box Tops, que apareceu no álbum en vivo Mad Dogs and Englishmen, converteuse na súa primeira canción en estar entre as 10 mellores nos Estados Unidos.
En 1969 foi invitado ó Ed Sullivan Show. No escenario amosou unha grande intensidade física, axitando os brazos e simulando tocar a guitarra, dándolle ocasionalmente aparencia superflua á banda.
A principios dos 70 estivo involucrado en problemas con abuso de drogas, incluíndo problemas co alcohol. Pero logrou recuperarse para regresar á escena nos 80 con éxitos que incluían:
- "Up Where We Belong", (Canción gañadora do Oscar escrita por Buffy Sainte-Marie e interpretada por Jennifer Warnes para a película An Officer and a Gentleman)
- "You Are So Beautiful"
- "You Can Leave Your Hat On"
- "When The Night Comes"
- "N'oubliez Jamais"
- " Unchain My Heart"
- "Feels Like Forever", da película The Cutting Edge
Cocker participou na apertura de Woodstock '94, como un dos poucos que tocaran no festival orixinal en 1969, sendo moi ben recibido.
Foi coñecido como "The Sheffield Soul Shouter" (A alma que berra de Sheffield)
Discografía
[editar | editar a fonte]- With a Little Help from My Friends (1969)
- Joe Cocker! (1969)
- Mad Dogs & Englishmen (1970)
- Joe Cocker: Something to say (1972)* I Can Stand A Little Rain (1974)
- Jamaica Say You Will (1975)
- Stingray (1976)
- Greatest Hits (1977)
- Luxury You Can Afford (1978)
- Sheffield Steel (1982)
- Civilized Man (1984)
- Cocker (1986)
- Unchain My Heart (1987)
- One Night Of Sin (1989)
- Joe Cocker Live (1990)
- Night Calls (1992)
- The Best Of Joe Cocker (1993)
- Have A Little Faith (1994)
- The Long Voyage Home (1995)
- Organic (1996)
- Across From Midnight (1997)
- Greatest Hits (1998)
- No Ordinary World (1999)
- Respect Yourself (2002)
- Ultimate Collection (2004)
- Heart & Soul (2005)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joe Cocker dies aged 70" (en inglés). ITV News. Consultado o 22 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joe Cocker |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Joe Cocker: The Authorised Biography by J. P. Bean (2003) ISBN 1-85227-043-8
- Guinness Book of British Hit Singles - 16th Edition - ISBN 0-85112-190-X
- The Guinness Book of 500 Number One Hits - ISBN 0-85112-250-7
- Guinness Book of British Hit Albums - 7th Edition - ISBN 0-85112-619-7
- Guinness Rockopedia - ISBN 0-85112-072-5
- The Great Rock Discography - 5th Edition - ISBN 1-84195-017-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Joe Cocker (en inglés)
- Fotografías tomadas por Linda Wolf (en inglés)